Noa Comesaña, infantil do C.B. Seis do Nadal-Coia, convocada coa selección española U13 feminina

Noa Comesaña xoga no Infantil Feminino “A”, Comunygal Seis do Nadal, na Liga 1ª División Infantil Feminina
Publicado por o día 20/04/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

Noa Comesaña, infantil do C.B. Seis do Nadal-Coia, convocada coa selección española U13 feminina

– Única xogadora galega que formará parte da Selección U13 Feminina

– En total, tres xogadores galegos nas Seleccións U13 da Operación Talento

Noa Comesaña, xogadora do conxunto Infantil Feminino “A” do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, foi convocada coa Selección Española U13 Feminina para participar na Novena Edición do Memorial Pablo Barbadillo en Tres Cantos (Madrid) os próximos días 29 e 30 de abril e 1 de maio do 2016.

Noa Comesaña estará entre os 36 talentos da xeración do 2003 que terán a súa cita este ponte de maio nunha nova Operación Talento da Federación Española de Baloncesto, despois de xogar o Campionato de España de Minibásquet o pasado ano, nunha das primeiras etapas de seguemento de talentos do Gabinete Técnico da Federación.

PRENSA AREA DEPORTIVA C.B. SEIS DO NADAL COIA