Noa Presas alerta dunha nova discriminación a Galiza nos orzamentos do Estado de 2018

Critica a baixa execución de investimentos do Estado en Galiza que achaca á “submisión” da Xunta a Mariano Raxoi e cualifica de “cortina de fume” a Comisión de seguimento dos Orzamentos do Estado
Publicado por o día 08/02/2018 na sección de BNG,Política

Noa Presas alerta dunha nova discriminación a Galiza nos orzamentos do Estado de 2018

A deputada do BNG, Noa Presas interpelou ao goberno galego sobre “a baixa execución” de investimento en Galiza recollidos nos Orzamentos do Estado do 2017 e alertou  “dunha nova discriminación” nas contas do 2018. O menor peso político de Galiza e  á “submisión” do goberno de Núñez Fixóo ao PP de Madrid e a Mariano Raxoi,   son a causa deste descenso.

A deputada tamén cuestionou os resultados da Comisión de Seguimento dos Orzamentos do Estado da que dixo, onte cumpríronse dez meses do seu anuncio e seguimos pensando que foi “unha cortina de fume para tapar a vergonza que lles daba   o recortazo do Goberno central a   Galiza”.

Presas  manifestou que o PP  presume de ser o goberno máis estábel do Estado, pero a verdade, de pouco nos serve  aos galegos e as galegas que o goberno galego  sexa o  primeiro da clase do señor Mariano Raxoi por  cumprir de déficit.

Cómpre recordar que o descenso do investimento territorializado en Galiza foi: o segundo máis intenso de todo o Estado  en termos absolutos, e o e o terceiro máis intenso en termos relativos “perdendo 442 millóns de euros en investimentos”.

Xa entón, desde o BNG, lembrou a nacionalista, tendémoslle a man para que este Parlamento se rebelara contra tal agravio. Pero vostedes, coma sempre, fixeron caso omiso e continuaron coa súa “política de submisión, baseada en non molestar a Raxoi e conformarse con xestionar as migallas”

Renunciaron vostedes a exercer de goberno  pero o agravio con Galiza era tan escandaloso que non tiveron mellor ocorrencia que anunciar o 6 abril de 2017 a creación dunha Comisión de seguimento para fiscalizar a execución orzamentaria do goberno central polo que preguntou á conselleira Ethel Vázquez se realmente existe esta comisión, ou é “un expedinte X” porque non sabemos cantas veces se reuniu, quen eran os seus membros e que tipo de información manexa sobre o cumprimento dos investimentos do Estado en Galiza. Mentres para  Galiza se executou menos do 60% podemos comprobar como no conxunto do estado o grao de execución é o dobre, concretamente “unha execución do 108,2%.”

Nos últimos anos o grao de execución do Ministerio de Fomento  en Galiza é moi inferior á do conxunto do Estado. No 2015 en Galiza executouse o 80,8% dos investimentos, no Estado o 107,1%.No 2016 en Galiza o 46,7%, No Estado, case o dobre (89%).

A parlamentaria estendeu a baixa execución aos ámbitos do sector público empresarial e a alta velocidade, cun investimento executado por ADIF do 39,6% no ano 2015 e no 16 do 28, 7%.