Noa Presas reclama reducir o IVE do 21% ao 4% no consumo doméstico de electricidade

Ademais solicita modificar a lei para eliminar os suplementos territoriais e elaborar un estudo do viabilidade para a implantación da tarifa eléctrica galega
Por o 21/02/2017 | Sección: BNG,Política,Vigo
Noa Presas reclama reducir o IVE do 21% ao 4% no consumo doméstico de electricidade

A través dunha moción, a parlamentaria do BNG, Noa Presas reclamou  reducir o IVE do 21% ao 4% no consumo doméstico de electricidade, modificar a lei para eliminar os suplementos territoriais e  elaborar un estudo do viabilidade na implantación da tarifa eléctrica galega.

A parlamentaria reiterou que Galiza é un país excedentario en produción de enerxía, sen embargo, “moitas familias teñen grandes dificultades para pagar o recibo da luz”. O debate sobre o mercado eléctrico continúa aberto e dende o BNG, afirmou a nacionalista,  seguiremos defendendo que “Galiza controle a produción e a distribución” porque queremos controlar a nosa enerxía e ter “un modelo de relación diferente co Estado”.

A deputada, tras cuestionar o canon eólico e o incremento deste imposto  sobre as facturas dos consumidores e consumidoras,  lembrou que Euskadi, “que non é excedentaria de produción de enerxía”, conta xa  “cunha rebaixa na súa factura eléctrica na peaxe 6.1D o que representou un aforro de case 10 millóns de euros para as súas empresas”. A parlamentaria preguntou por qué Galiza non pode ter unha tarifa eléctrica cando  Euskadi se está a beneficiar dese sistema. Noa presas afirmou que esta situación obedece a unha decisión política. “Euskadi ten forza e soberanía política e enfrontase ao Estado, non como esta a facer o goberno e o Partido popular galego”.

A parlamentaria  lamentou a intervención da portavoz popular, Marta Novoa Iglesias quen anunciou o voto en contra da iniciativa do BNG ao que Presas replicou  que “Galiza é unha potencia enerxética” pero o goberno galego segue empeñado  “e non utilizar este ben de primeira necesidade  para combater a pobreza”.

Noa Presas recalcou que a actual situación económica fai “inasumible tarifas tan altas” nunha Galiza na que moitos galegos e galegas cobran unha pensión  contributivas, “ 178 euros máis baixas da media do Estado español” ao igual que  resulta moi difícil asumir o recibo da luz a todos eses traballadores e traballadoras que cobran menos dun salario mínimo  interprofesional ao mes.

Finalmente, Noa Presas  aludiu ao colectivo de mulleres que cobran un “77% menos de media que os homes” e a pesar diso, dixo, teñen que saír adiante. Unha situación que que agrava  á hora de facer fronte ao pago do subministro eléctrico. Mentres isto acontece, recalcou a deputada, “o goberno do Estado responde que temos que acostumarnos a pagar a electricidade máis cara” e o goberno galego impide que poidamos contar cunha “tarifa eléctrica galega”.