Non te podes perder a presentación da novela “Iridium” de Francisco Castro neste vídeo

NoticiasVigo foi convidado a presentación da nova novela do escritor vigués Francisco Castro, a súa novela chamase IRIDIUM da editorial Galaxia, a presentación gozou dun cheo absoluto na casa do libro de Vigo o pasado martes día 25.

Sinopse de Iridium

A nova novela conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato e que, coma tantas e tantos do seu tempo, quere vivir a vida con intensidade. Pero Iris ten, ademais, unha discapacidade froito dun accidente de tráfico que lle deixa secuelas importantes. É unha raíña do Instagram, onde ten milleiros de seguidores en todo o mundo. Seareiros que ignoran o que lle pasa e que se o soubesen igual non a quererían tanto. É, pois, unha novela de denuncia da hipocrisía de moitos “normais” que desprezan a todas e a todos os que son diferentes.

Mais, sobre todo, Iridium conta unha historia de amor.

Porque todas e todos, independentemente do que nos suceda, sentimos igual.

E Iris sente, e goza, e chora, e ri, e sofre coma calquera.

Mira a emocionante presentación neste vídeo

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM