Galicia en Común esixe á Xunta e ao Goberno «que non deixen caer un sector estratéxico como Vulcano»

Publicado por o día 03/10/2019 na sección de En Común Unidas Podemos,Galicia,Grupo Común da Esquerda,Naval,Política,Vigo

Galicia en Común esixe á Xunta e ao Goberno «que non deixen caer un sector estratéxico como Vulcano»

A voceira no Congreso, Yolanda Díaz, e a deputada no Parlamento, Luca Chao, fixeron este xoves unha etapa do Camiño de Santiago cos traballadores e traballadoras de Vulacano, que están a facer esta camiñata para denunciar os incumprimentos da Xunta co persoal do estaleiro.

«Facemos un chamado á reflexión sobre un sector estratéxico que é clave para a economía galega. Sería un erro que as administracións, a Xunta e o Goberno, deixen caer o estaleiro», denunciou Yolanda Díaz, que pediu «vontade para intervir desde o público» porque de non facer nada «Vulcano pode morrer pola inacción das administracións».

Pola súa banda, Luca Chao denunciou que se deixe caer un estaleiro fundamental para o país: «Estamos escoitando anuncios moi preocupantes no que ten que ver co naval.  A Xunta ten que dar explicacións ante a situación que viven os traballadores, que están vendo que van ir a rúa».

«Que está facendo a Xunta ademáis de anuncios propagandísticos?», preguntouse a deputada.

Díaz e Chao mostraron a súa solidaridade cos traballadores e insistiron en pedir a Feijóo «que poña o mesmo empeño con Vulcano como cando ten interese noutras empresas».

Ademais, Díaz increpou ao propio Pedro Sánchez para que mova pezas para rescatar este sector: «Estamos vendo como en Francia, Holanda…  rescatan a estaleiros con futuro. Este é o caso de Vulcano, Sánchez debe facer o mesmo».

«É unha vergoña que todos os países defenden os sectores estratéxicos, e no noso non se mova un dedo por estes traballadores», incidiu, lembrando que Galicia en Común presentou numerosas iniciativas no Congreso e en todas elas «a resposta foi nada» porque «ese é o interese que teñen nos sectores estratéxicos e polos traballadores do noso país».

Pola súa banda, o presidente do Comité de empresa de Vulcano, Nicolás Sangabriel, agradeceu ás deputadas o apoio e pediu que Vulcano non desapareza como estaleiro «para que se sigan fabricando barcos, pese ao que di o Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, que parece que é difícil ampliar a concesión de factorías Vulcano».

Comentar noticia

Your email address will not be published.