“Non entendemos que se force o alumnado a elixir entre estudos e saúde”.

As Xuventudes Socialistas de Vigo consideran irracional o empeño das universidades galegas en facer probas presenciais en plena terceira onda e denuncian o esquecemento do resto de etapas educativas.

A organización xuvenil do PSdeG de Vigo manifestou o seu enfado coa situación vivida esta semana nas tres universidades galegas, onde a pesar de quedarsuspendidas as clases presenciais o martes, vivíronse escenas de aglomeracións en corredores e aulas pola obriga a que se veu sometido o estudantado de facer exames presenciais en plena apoxeo da pandemia.

Ademais, sinalaron o perigo que supón ter que desprazarse entre distintos municipios nesta situación e denuncian como dende os reitorados fixeron oídos xordos as propostas e reivindicacións
que se fixeron dende o alumnado, nunha actitude que os mozos socialistas consideran completamente irracional e incomprensible e que conta coa complicidade e apoio explícito da Xunta de Galicia, “resulta completamente incoherente que dende a Consellería se diga que as clases presenciais non son seguras pero que si o sexa facer un exame nesas mesmas aulas”, manifestaron.

Por outra banda, denuncian tamén o esquecemento doutros niveis educativos como son a Formación Profesional e bacharelato, onde non se está tomando ningún tipo de medidas a pesar de que os estudantes sofren os mesmos riscos que os universitarios.

Por estes motivos, as Xuventudes Socialistas de Vigo únense as reclamacións de rematar as probas universitarias do primeiro cuadrimestre dun xeito non presencial ou, se esta non é unha opción
viable, pospoñelas, e solicitan ademais que as medidas tomadas no ámbito universitario se apliquen tamén no resto de niveis educativos non obrigatorios como a Formación Profesional e o
Bacharelato.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario