Non hai marcha atrás, agora é imprescindible accionar o Acordo de París

Publicado por o día 15/11/2016 na sección de Amigos da Terra,Medio Ambiente,Vigo

Non hai marcha atrás, agora é imprescindible accionar o Acordo de París

Hoxe martes 15 de novembro marca a apertura formal do Acordo de París, e por primeira vez sentaránse todas as Partes que xa ratificaron o Acordo. Rajoy foi recibido á súa chegada ao país marroquí polo Rei Mohamed VI e o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon.

Amigos da Terra lembra á delegación española en Marrocos que o recente informe sobre a disparidade de emisións do PNUMA chegou á conclusión de que o mundo debe incrementar de maneira drástica e urxente os seus obxectivos para reducir aproximadamente un 25% adicional as emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro previstas para 2030. De non ser así, na práctica será imposible afastarse dos 2ºC e previr impactos climáticos aínda máis severos en España e o resto do mundo: inundacións, secas e aumento do nivel do mar.

“Confirmouse xa que 2016 foi o ano rexistrado máis quente da historia, e a día de hoxe a única esperanza de millóns de persoas do mundo é que este Acordo de París sirva para limitar de maneira efectiva as temperaturas moi por baixo do 1,5ºC”, afirmou Héctor de Prado, portavoz da organización. Tamén quixo lembrar que “despois do bombo e o prato do ano pasado, o verdadeiro traballo debe comezar agora. Ninguén pode esperar até 2020 para actuar, de non ser así a firma do ano pasado non sería máis que un brinde ao sol”.

O papel de España no Acordo de París

Creemos que España ten moito potencial para aumentar a súa ambición, e que debería empuxar a postura en bloque da Unión Europea nese sentido. Pór fin aos subsidios aos combustibles fósiles, permitindo unha transición enerxética cara ás renovables e limitar as emisións de gases dos sectores económicos para 2030 poden ser algunhas das medidas que se deberían aprobar para mostrar un verdadeiro liderado internacional.

Desde Amigos da Terra reclamamos aos gobernos que aproveiten a reunión de alto nivel desta semana para presentar un plan concreto para 2018, que inclúa que medidas están a tomarse para cumprir con todas as partes do Acordo:

  • Recortes de emisións
  • Financiamiento
  • Transferencia de tecnoloxía
  • e medidas de adaptación.

Ante a elección de Donald Trump como Presidente de Estados Unidos, de Prado quixo remarcar que “que nin o cambio climático, nin o resto do mundo vai quedar esperando a ver que fai ou deixa de facer Estados Unidos. Esperamos que as Partes en Marrocos non utilicen este obstáculo como escusa para a inacción: este non é o momento de baixarse do carro, é o momento de porse ao choio”.