Non se executará o “CAMPÚS DO MAR” na ETEA

Ante dita noticia a asociación veciñal de Teis se manifestan decindo: Non podemos permitir, que non se esxecute o “Campús do mar” na ETEA
Publicado por o día 06/03/2017 na sección de A.V. Teis,Social,Vigo

Non se executará o “CAMPÚS DO MAR” na ETEA

Que diante da posibilidade real de que o proxecto do “Campus do Mar”, non se execute nos terreos da ETEA. A Asociación Veciñal de Teis, desde o comezo apoiaron a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, desde a asociación din que permitirá: a presenza da universidade na ETEA, recuperar edificios agora abandonados, darlle utilidade a estes terreos e compatíbel con outros usos.

Para a Asociación Veciñal de Teis, o desenvolvemento do “Campus do Mar” é unha prioridade e non se pode permitir máis atrasos. É necesario o acordo e o entendemento entre as tres administracións (Concello, Xunta e Consorcio) implicadas no desenvolvemento da ETEA.

A “Cidade do Mar“, esta proxectada desde fai sete anos e impulsada pola Universidade de Vigo,  que estivo realizando un gran traballo para por de acordo as diferentes  administracións.

O  pasado 3 de maio de 2016, Abel Caballero, Alcalde de Vigo e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, mantiveron unha xuntanza. Abel Caballero, afirmou que a xuntanza  “serviu para darlle luz verde á nova dimensión e ao estabelecemento da universidade na ETEA”, comprometéndose a que o Concello levará esta proposta ao seguinte pleno do Consorcio da Zona Franca, algo que non aconteceu logo de dez meses.

Abel Caballero, mantén unha actitude irresponsábel, pondo en perigo este proxecto. Os intereses xerais deben estar por riba, de egos e de intereses partidistas.

Abel Caballero, deberá preocuparse das súas responsabilidades e compromisos na ETEA, como o mantemento do paseo marítimo ou a apertura da piscina, engaden desde a asociación veciñal de teis. No caso da piscina logo de investir diñeiro público, de anunciar a súa posta en funcionamento en varias ocasións agora quer cubrila, manifestan.

A Asociación levan anos denunciando o abandono dos terreos da ETEA, por parte de ambas administracións Concello e Xunta e reivindicando unha maior implicación nos mesmos.

A asociación reitera

Agora hai un proxecto e fondos para investir na ETEA, atopámonos coa paralización do mesmo. Chega xa de utilizar a ETEA, para o enfrontamento entre as administracións. Non podemos  perder o proxecto do “Campus do Mar” na ETEA.