Nova agresión a un vixiante de seguridade no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Por o 06/02/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Sindicatos,Sucesos,UGT,Vigo
Nova agresión a un vixiante de seguridade no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
A agresión produciuse onte martes ás 21:40 horas, no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cando un paciente, xa coñecido deste servizo polos diferentes altercados provocados nestes días, ao ser dado de alta por parte do facultativo, púxose en actitude moi agresiva, proferíndolle ameazas e insultos e tentando agredilo, motivo polo cal tivo que intervir o
persoal de seguridade, para evitar que se materializase dita agresión.
O paciente finalmente arremete contra un dos vixiantes, causándolle diferentes lesións, polo que teñen que reducilo e posto a disposición da Policía.
UXT denuncia que este tipo de situacións, por desgraza, están a facerse rutineiras xa non só nos hospitais, medios de transporte ou acontecementos de pública concorrencia, senón que tamén se están dando en calquera lugar onde se atope prestando servizo un Vixiante de Seguridade, polo que urxe que dunha vez por todas, tanto as empresas de seguridade como clientes e administracións, adopten as medidas necesarias que garantan a seguridade e protección dos vixiantes encargados de velar pola seguridade e protección dos usuarios e traballadores das instalacións para as que prestan os seus servizos.
Desde FeSMC-UXT Pontevedra esiximos que, de forma urxente, a administración faga fronte a este grave problema de violencia contra este colectivo de traballadores e que se lles dea a cobertura legal adecuada, así como os medios necesarios que garantan o desempeño das súas funcións cun mínimo de seguridade para a súa integridade física, adecuando con criterios técnicos
os persoais de vixiantes ás instalacións para protexer.
Desexamos unha pronta recuperación do compañeiro, esperando que a quen lle corresponda, adopte as medidas oportunas para que este tipo de situacións non se volvan a repetir.

Comentar noticia

Your email address will not be published.