Nova concentración contra o colapso na xestión das axudas de emerxencia

Publicado por o día 21/08/2014 na sección de Vigo

Nova concentración contra o colapso na xestión das axudas de emerxencia

Mañá, venres 22, ás 11h da mañá na Praza do Rei.

Os colectivos que integran a recén constituída Asemblea de Movementos Sociais convocan para mañá, venres 22, ás 11h da mañá na Praza do Rei unha nova concentración para denunciar a mala xestión que, segundo denuncian, se está a producir na resolución das axudas de emerxencia municipal, que acumulan importantes atrasos na súa tramitación. O pasado 14 de agosto realizaron xa unha primeira concentración co mesmo reclamo.

A Federación Veciñal, o Grupo Imán, a Rede de Solidariedade Popular de Vigo, a plataforma de afectados por abusos bancarios e os sindicatos ferroviario, CUT e CGT, chaman a “pelexar por unha inmediata solución” para as “moitas familias de Vigo que están a sofrer unha situación de extrema gravidade”. A CIG tamén expresou publicamente o seu apoio a esta convocatoria na que participará o seu Secretario comarcal, Serafín Otero.

Fonte da imaxe: Roberto Solano.