Nova Coordinadora Local de Anova Vigo – Mos

Por o 17/11/2014 | Sección: Anova,Política
Nova Coordinadora Local de Anova Vigo – Mos
Compartir en:

No contexto da nova etapa que se abriu en ANOVA trala súa IIª Asemblea Nacional, celebrada no pasado mes de outubro, no día de onte (16/11/2014) tivo lugar a elección dunha nova Coordinadora Local para a asemblea de Anova Vigo-Mos. Foron escollidas polo procedemento de listas abertas 15 persoas para levar a cabo esta tarefa.

De entre os/as integrantes desta nova Coordinadora, foron escollidas para as responsabilidades de voceiro/a e coordinador/ora local, respectivamente, as seguintes persoas:

– Xosé Cid Cabido
– Xosé L. Jácome Enríquez

O coordinador e o voceiro serán os responsables das comunicacións oficiais de Anova-Vigo Mos, que no seu caso poderán derivar ás persoas responsables de cada área de traballo.

PRENSA ANOVA VIGO