A nova depuradora: un fracaso denunciado

Nota de prensa da Comisión Veciñal de Afectados pola Depuradora do Lagares
Publicado por o día 21/11/2016 na sección de Opinión,Vigo

A nova depuradora: un fracaso denunciado

Tal como denunciamos dende sempre o proxecto da nova depuradora, resultado dunha decisión política sen unha xustificación técnica acreditada, foi a opción dunhas Administracións que preferiron non acometer a resolución do problema do saneamento de forma rigorosa e integral, non realizar investigacións para identificar as causas do lamentable funcionamento da vella depuradora, nin exixir as oportunas responsabilidades, e decidiu construír unha nova depuradora, incidindo nos erros cometidos no pasado.

Lembramos á cidadanía que os custes aproximados da nova depuradora ascendían a 240 millóns de euros (onde 206 millóns corresponderían a construción da nova depuradora, uns 27 millóns á construción dun novo emisario, e uns 5 millóns ao custe da acometida eléctrica). E este custe era sufragado en grande parte pola Unión Europea (uns 110 millóns de euros).

Constatamos que tiñamos razón ao denunciar que o modelo elixido non vai solucionar os problemas de depuración das augas residuais. Resaltamos que a carencia duhna rede separativa, de aguas pluviais, fecais e industriais incide de maneira determinante na eficacia da función de depuración e nos vertidos de contaminación.

Esta carencia de redes específicas de tratamento e depuración supón unha réplica da lamentable situación vivida no pasado, pero de maiores dimensións. E a isto hai que engadir aínda os mesmos problemas que xa foran detectados na vella depuradora: entrada de auga de mar nos colectores de marxe de Ría, presencia de gran cantidade de finos e areas, vertidos industriais que anulan os procesos biolóxicos…

Denunciamos tamén que que a utilización dun emisario submarino para verter os refugallos na Ría é unha grave agresión ao medio natural. Verter auga doce a maior temperatura, cargada con contaminantes químicos e biolóxicos, supón un modelo fracasado que contaminará o medio natural ate a súa extinción. Este efecto pode verse xa nos fondos contaminados con gran cantidade de lodos que mesmo está a impedir o anclado do novo emisario.

A contaminación da Ría é tamén contradictorio coa existencia dun espazo natural como ás Cíes, que debería ser considerado máis como Patrimonio da Humanidade que como absorvedor da contaminación de Vigo.

O emisario supón tamén impedir a utilización das augas tratadas e depuradas para outros usos.

Lembramos tamén que o prazo para dispor de saneamento en cidades de máis de 15000 habitantes era o ano 2001, así que levamos moitos anos de atraso. A pesar das ameazar recentes de sancións pola Unión Europea polos incumprimentos das condicións de vertidos e a contaminación do medio mariño están suspendidas, suxeitas á completar o saneamento, resulta un tanto incríbel e contraditorio que a UE vaia sancionar novamente a Vigo cando aprobou investir na obra da nova depuradora.

O realmente acontece é que a veciñanza segue a sofrer as consecuencias de malos cheiros, gases contaminantes, ruidos, vibracións e outras molestias.

Mesmo xente tivo que ter evacuada do seu domicilio por intoxicación.

Lembrámoslle ao alcalde que ten a obriga de defender á veciñanza afectada, recibilos cando o precisan, e darlles solucións as súas demandas. Que non o fai. Máis pola contra, ten un trato rencoroso, con prepotencia e cinismo cara as veciñas e veciños afectados.

Outro aspecto que tamén requirimos dende fai tempo as veciñas es veciños máis próximos a planta a inexistencia dun protocolo de emerxencia que protexa a veciñanza, coa inclusión dunha zona de seguridade (na actualidade existen vivendas con gretas derivados da construción da nova depuradora e que están sometidas a fortes ruidos e vibracións)

Por todo o anterior, esiximos:

  • A constitución dunha comisión técnica independente para a investigación da obra.
  • Coñecer os motivos do retrasos na execución da obra e do fracaso emisario submarino.
  • Un seguemento en tempo real das actividades de depuración con medidores e alertas tempranas para alerten a veciñanza de situación perigosas.
  • Demandamos ao alcalde que cumpra coa súa obriga de defender ás veciñas e veciños afectados ante os problemas que lles está causando diariamente a depuradora.

E lembramos a nosa solicitude diante da Comisión de Peticións da UE durante a pasada visita de xullo de 2013 onde, entre outros, solicitábamoslle:

  • A tutela do proxecto e a realización dunha nova Avaliación de Impacto Ambiental
  • A solicitude dunha investigación á fiscalía anticorrupción para a análise de posibles conexións entre as empresas implicadas na construción das epuradoras e a financiación ilegal do Partido Popular.
  • A investigación do despilfarro de fondos públicos

Una respuesta para "A nova depuradora: un fracaso denunciado"