Nova falta de cobertura enfermería no PAC de Sada

Publicado por o día 29/05/2019 na sección de Sanidad

Nova falta de cobertura enfermería no PAC de Sada

Desde Pacs en pé de guerra Coruña queremos denunciar unha nova falta de cobertura , neste caso de enfermería no Pac de Sada. Este feito é algo mais grave que un incumprimento de servizos mínimos, senón que se trata de deixar sen equipo completo, sen enfermeira nun pac dun só equipo, é dicir, o Pac foi cuberto só por un médico durante unhas 3 horas (de 15 a 18 horas). Demos de lembrar que este PAC dá cobertura aos municipios de Sada, Guisamo e Bergondo, o que supón a atenciòn de aproximadamente uns 21000 habitantes empadroados sen contar a Poboación flotante de fins de semana e veraneo desta zona.

Non nos serven de novo as escusas, pois non se trata dun imprevisto de última hora senón dunha baixa de algo mais dunha semana que non foi cuberta, e seguen sen poder escusarse na falta de profesionais, que a día de hoxe, non existe enfermería.

Mostramos a nosa preocupación por como se están levando acabo as coberturas, lembramos que o noso traballo leva implicito a atención urxente e a atención continuada,tanto dentro como fose do centro, en domicilios e vía pública, que cada PAC atende a varios Concellos e en moitas ocasións a poboacións moi afastadas dos centros hospitalarios, polo que, se xa de por se a dotación de persoal está moi axustada,por non dicir obsoleta, esta falta de cobertura pode supoñer un risco para a Poboación, de xeito evidente innecesario, especialmente no caso de ter que atender urxencias vitais ou accidentes de tráfico, e no mellor dos casos pode supoñer unha sobrecarga aos compañeiros de atención ordinaria que todos sabemos nas condicións nas que se traballa na Atención Primaria actualmente.