Nova “manda” en Pamplona: Tres detidos por unha violación en grupo

Por o 21/04/2019 | Sección: Sucesos
Nova “manda” en Pamplona: Tres detidos por unha violación en grupo

Unha moza denunciou que a obrigaron a manter relacións sexuais ininterrompidamente con tres homes. Denunciou que a botaron algún tipo de droga na bebida.

A Policía Nacional detivo en Pamplona a tres homes como presuntos autores dunha agresión sexual a unha nova. A moza denunciou que foi obrigada a manter relacións sexuais con cada un deles.

Tamén denunciou que alguén lle botou algunha substancia na bebida que anularía a súa vontade.

A moza acudiu a denunciar tras recobrar a conciencia.

A agresión sexual produciuse nun piso “okupado” da rúa Jarauta 13, propiedade do consistorio pamplonica.

Polo menos catro homes protagonizarían estes feitos a madrugada do domingo pasado. A denuncia detalla a agresión sexual con penetración de varias persoas de maneira conxunta.

Polo relato da vítima, todo indica que puido ser drogada con algunha substancia inhibidora da vontade, como a burundanga.

Grazas aos datos facilitados pola moza, púidose deter a tres persoas, non descartándose a implicación de máis persoas.

Segundo “El Español”, a vítima non tiña relación cos detidos, nin frecuentaba a casa “ okupada”, podendo ser levada ata alí polos agresores.

Outra vez Pamplona volve ser noticia por outra manda. Tres anos pasan xa desde os Sanfermines de 2016, tras o caso que conmocionou a toda España.

Comentar noticia

Your email address will not be published.