Convocan nova manifestación contra as tallas de árbores de Gran Vía

Entre as súas peticións destacan que se manteña intacto o paseo central e que non se tallen as árbores programadas
Publicado por o día 25/02/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Convocan nova manifestación contra as tallas de árbores de Gran Vía

Os membros da plataforma “Salvemos a Gran Vía de Vigo” convocaron unha nova manifestación para este día 28 de febreiro, a nova manifestación arrincase ás 20:30 h, despues das dúas manifestacións anteriores exitosas convocaron esta nova, o traxecto sera igual que as pasadas manifestacións, desde a Praza dos Cabalos (Praza de España).

Tamén lanzaron unha campaña nas redes sociais co lema “Eu apadriño unha árbore da Gran Vía”, nesta campaña se poden atopar ao escritor e expresidente da real academia galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o escritor Vigués e ex director de Xerais, Manuel Bragado, máis expertos e prestixiosos arquitectos como tamén conta Carlos Henrique Fernández Coto, presidente dá Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego.

A campaña enfócase na adopción dunha árbore contra contra as tallas indiscriminadas de árbores que en lestes últimos anos se intesificarón. A plataforma “Salvemos a Gran Vía de Vigo” móstranse en contra a talla das árbores do bulevar para instalar ramplas mecánicas e outros elementos decorativos e contra o traslado da estatua dos ” Rederos”, Concello segue nos seus plans de trsladar os “Rederos” a rotonda de Isaac Peral e a eliminación de árbores do bulevar.

Desde a plataforma solicitan colaboración cidadá para que se espalle o cartaz da manifestación como tamén piden que se sumen a campaña de adopción das árbores lucindo o cartaz e subindo a redes sociais.

Cartaz Manifestación

Cartaz da Campaña