O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves a nova marca da campaña de Nadal de este ano e o lema que lucirá en todos os produtos de merchandising. Ademais, avanzou que haberá dous “photocall” con letras xigantes na rúa Urzaiz, preto da Farola, e na Praza da Pedra.
O rexedor avanzou en rolda de prensa que Vigo contará este Nadal cunha imaxe de marca que se verá plasmada en dúas “photocall” de dous metros de alto que actuarán como reclamo para os visitantes. O Concello traballou nas últimas semanas no deseño das letras e o logotipo, que servirán para facer “merchandising e publicidade”, segundo anunciou este xoves Abel Caballero.
O logotipo foi creado cos principais elementos da iluminación do Nadal. Así, unha árbore invertida forma a “V”; a caixa de agasallo da Gran Vía para o “I”; a bóla xigante da Farola está presente no “G” e o boneco de neve que estivo na Alameda decora a “O”.
Ademais, o lema da cidade para a campaña será “Vigo, onde vive o Nadal”, que irá en galego, castelán e inglés. “O difícil era o deseño e quedou ben”, valorou o rexedor antes de asegurar que a instalación das letras será o mesmo día do acendido do alumeado.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.