Nove concellos da área territorial de Vigo reciben 349.594 euros para infraestruturas e do Fondo de Compensación Ambiental

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financia diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de equipamentos
Publicado por o día 09/06/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Nove concellos da área territorial de Vigo reciben 349.594 euros para infraestruturas e do Fondo de Compensación Ambiental

As axudas para a mellora de infraestruturas de servizos municipais e do Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo repartirán 349.594 euros en nove concellos da área territorial de Vigo. A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financia ao abeiro destas ordes diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de equipamentos nos municipios galegos.

En canto ás subvencións para a creación de e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, resultaron beneficiarios os concellos de Salvaterra, con preto de 9.800 euros para a compra de salvaescaleiras para mellorar a accesibilidade no edificio da Casa da Cultura; Baiona, con 25.469, 50 euros para adquisición de maquinaria deportiva para ximnasio do pavillón municipal; Cangas e Fornelos de Montes, con 40.000 e 10.818 euros respectivamente para melloras en sendas casas consistoriais; Redondela e Mos, con 34.993,11 e 28.000 euros para a renovación dos parques de Piñeiral e Porteliña; Moaña, con 21.098,29 euros para melloras nas redes de luz pública, e Soutomaior, con 28.000 euros para melloras nas instalacións deportivas na Montesiña.

En canto á resolución das axudas en concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva do Fondo de Compensación ambiental o investimento total, de 151.420,62 euros, repártese entre Baiona, con 28.344,77 euros para a adquisición dun vehículo eléctrico para a Policía Local; Fornelos de Montes, con 29.999,62 euros para saneamento no lugar de Alén e 6.155,35 euros para a renovación da traída de augas en Ventín; Gondomar, con 29.947,50 euros para a adquisición dun vehículo patrulla para protección do medio ambiente; Redondela, con 29.729,61 euros para un proxecto de reforma de instalación de alumeado en Pai Crespo, e Redondela, con 27.243,75 euros para a adquisición dun vehículo híbrido para vías e obras.

Estas axudas van destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Comentar noticia

Your email address will not be published.