Novidoso obradoiro de creación de textís electrónicos en Tomiño

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,Tomiño

Novidoso obradoiro de creación de textís electrónicos en Tomiño

O Concello de Tomiño organiza un novidoso obradoiro de creación de textís electrónicos-robótica, os días 4 e 5 de setembro. Nesta actividade, especialmente dirixida á poboación moza do concello, as persoas asistentes deseñarán e montarán unha camiseta electrónica ou outra peza textil con leds e sensores.
Previamente, o alumnado recibirá unha aproximación ao concepto de robótica (sensores e actuadores) e aprenderá a construir e programar robots, co fin de promover a súa creatividade e pensamento computacional. Actividade dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos. Aulas días 4 e 5 de setembro, de 11 a 13 horas. Aula Cemit (Campo da Feira s/n). Custe inscrición: 15 euros. Aínda quedan prazas libres.
A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, salienta a idea de ofrecer dende o Concello actividades que respondan aos intereses da poboación nova, rompendo as veces, coas propostas máis tradicionais, co fin de dar a coñecer materias novidosas que poidan servir, tanto coma hobby, ou coma punto de partida dunha posible saída laboral.