Novo accidente laboral na ponte de Rande

Unha obra insegura pola avaricia de Audasa
Publicado por o día 18/12/2017 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Novo accidente laboral na ponte de Rande

Un obreiro que traballaba no alicerce norte da ponte, precipitouse esta madrugada desde unha altura de 8 metros, quedando atrapado nun lugar inaccesible a 80 metros do taboleiro, sendo rescatado polos bombeiros e posteriormente trasladado a Urxencias. AUDASA (da que ABANCA é accionista), presiona á contratista da obra para que esta conclúa en 2017. Se o prazo incúmprese, AUDASA non podería encarecer a peaxe ata 2019. O pasado mes de xullo, un traballador morreu na construción da ponte, sinistro que se corresponde coa foto desta noticia. En outubro, un obxecto caído desde un alicerce, esnaquizou a lúa traseira dun vehículo que circulaba pola ponte e a pasada semana un tirante estrutural da ponte rompeu como consecuencia dun incendio.

De acordo co 112, a chamada de aviso produciuse ao redor das 22:00 horas de onte e unha hora máis tarde os bombeiros do Morrazo comunicaron que, xunto a uns compañeiros de Vigo, por unhas escaleiras interiores, polo que tiveron que facer uso dunhas cordas para o rescate. Unha vez finalizada a operación, o traballador foi trasladado por persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Un portavoz de Pontes e Calzadas, unha das adxudicatarias da obra, explicou que as feridas do traballador eran de carácter leve.