Novo atentado contra o patrimonio Vigués, así o denuncia Vigo Arquitectura. A boa noticia do tan desexada da derriba da ponte vese tristemente ensombrecida polo agresivo despezamento da histórica varanda de Jenaro de la Fuente. Nesta serie de fotografías da conta Vigo Vindeiro @VigoVindeiro, podemos observar que en lugar de retirar as pezas coidadosamente para a súa posterior reutilización, limitáronse a desposuírse delas coma se de lixo tratásese. É inaudito a que a día de hoxe, despois dos desastrosos ataques ao patrimonio levados a cabo durante as décadas desarrollistas, sigamos vivindo atentados como este que desprezan todo o que pertenza ao pasado. Non esquezan que ese pasado é o noso legado. O patrimonio histórico da cidade que os máis reputados arquitectos da época, realizaron con esmero para contribuír a embelecer a urbe cos seus notables deseños. Isto é unha vergoña e un despropósito por parte do goberno local.
Fotos de Vigo Vindeiro
Cruce calle Lepanto e Alfonso XIII, datada aproximadamente na primeira década de 1900, qué bonita, cantos árbores e vese o mar.
Declaracións do alcalde
Fio de Vigo Vindeiro
https://twitter.com/VigoVindeiro/status/1353398375043895296
https://twitter.com/VigoVindeiro/status/1353360080431849472
Una respuesta para "Novo atentado contra o patrimonio Vigués"