Novo catálogo sobre a biodiversidade da Costa da Morte

A Asociación Salvemos Cabana lanza o proxecto “Costa da Morte. Terra de vida” co obxectivo de investigar e dar a coñecer as especies animais e vexetais máis representativas do segmento noroeste do litoral galego.
Publicado por o día 09/08/2020 na sección de Medio Ambiente,Social

Novo catálogo sobre a biodiversidade da Costa da Morte

A Asociación Salvemos Cabana lanza o proxecto “Costa da Morte. Terra de vida” co obxectivo de investigar e dar a coñecer as especies animais e vexetais máis representativas do segmento noroeste do litoral galego.

O catálogo, que se realizará mediante un sistema de fichas estandarizado e de maneira colaborativa, busca destacar as características máis relevantes das diferentes especies, así como aproximar ao público a importancia da súa conservación e incidir na necesidade da correcta xestión dos espazos naturais, estén ou non amparados baixo unha figura de protección.

O proxecto, ademáis, contempla un sistema de alertas sobre especies exóticas e invasoras polo risco que estas supoñen para os hábitats como ameaza para a supervivencia da biodiversidade nativa.

SÓ SE PODE PROTEXER O QUE SE COÑECE

Aínda que nos últimos anos houbo un incremento notable na sensibilidade social cara a protección da natureza, a globalización dos problemas ambientais e a crecente percepción dos efectos do cambio climático, a nivel de biodiversidade a clave está en dar a coñecer as especies coas súas características e singularidades, porque na práctica só se pode protexer o que se coñece.

Por este motivo, o catálogo establecerá un sistema de “Especie destacada” que permita coñecer máis en detalle a importancia das especies máis singulares e representativas da Costa da Morte e incidir en determinados casos na necesaria prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial e urbanística e a necesidade de ter sempre presente o principio de precaución en calquera intervención sobre o medio ambiente que poida afectar aos espazos naturais e, por ende, á vida silvestre.

“Costa da Morte. Terra de vida” busca, en definitiva, promover a conservación, e dar a coñecer a singularidade e beleza das especies do noroeste costeiro de Galicia e a importancia dos seus ecosistemas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.