A Xunta de Goberno local aprobou o expediente de contratación para a xestión indirecta do servizo municipal do Ciclo da Auga (abastecemento de auga potable, mantemento da rede de saneamento e depuración de augas residuais). A publicación no BOP, DOG e BOE abrirá un prazo de dous meses para a presentación de ofertas.
A concelleira de Servizos, Carme da Silva, informou de que o novo contrato terá unha vixencia de 20 anos, cunha prórroga máxima dun ano e un custe anual de arredor de 6,5 millóns de euros.
O máis salientable do novo contrato de xestión é os investimentos que terá que comprometer a empresa que opte a facerse coa xestión do servizo de auga. Será un mínimo de 14,5 millóns de euros -13 millóns na rede de saneamento e o abono en efectivo ao Concello de 1,5 millóns polo uso da rede- mais as ofertas terán que ser máis xenerosas porque esa cantidade será a mínima esixida. “Vai a supoñer que se poda rematar a rede de saneamento do rural e que se lle dea un pulo moi importante a rede de abastecemento” subliña a concelleira Carme da Silva. O Concello inclúe no prego de contratación posíbles obras de mellora por valor de 52 millóns de euros.
O futuro contrato introduce cambios significativos respecto á concesión actual que suporán a ampliación de prestacións e melloras na calidade do servizo. Carme da Silva cita entre estes cambios:
- a xestión de toda a rede de pluviais do Concello, “fundamental para evitar, sobre todo no inverno, inundacións polos atascos de follas, derrubes, lodos, etc.
- o mantemento sistemático de todas as fontes públicas que hai no concello, arredor de 400.
- mantemento e reposición dos contadores e acometidas de auga e rede de sumidoiros. Os usuarios só terán a obriga de instalar o primeiro contador e facer a acometida á rede xeral da vivenda ou edificio.
- mantemento da rede de alta, que agora asume o Concello
- mantemento da galería de servizos
-
o pago pasará a ser por auga consumida. Non haberá un pago mínimo o que obrigará a un cambio na xestión na taxa da auga.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.