Novo desprendemento no teito do hospital compostelán Gil Casares

Son múltiples as denuncias de CCOO polo mal estado de conservación do centro sanitario
Por o 05/06/2019 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos
Novo desprendemento no teito do hospital compostelán Gil Casares

A sección sindical de CCOO no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela informa dun novo desprendemento no teito do Hospital Gil Casares. O suceso tivo lugar a mañá do pasado venres, cando unha filtración de auga provocou a caída de parte do teito e a inundación dun corredor.

Desde CCOO sinalan que «por sorte» non houbo danos persoais, xa que o dito corredor está situado na planta -1, no lugar de acceso dos carros de cociña, unha zona en que tamén é frecuente a presenza do persoal, xa que é onde se localizan os vestiarios.

Comisións lamenta que «non se trata dun feito illado», pois sucesos parecidos ocorreron o ano pasado, nos meses e xuño e outubro. O sindicato critica a falta de implicación da Xerencia na conservación do hospital e insta a investir no seu mantemento «se non queremos lamentar unha desgraza algún día».

As humidades e as filtracións son unha constante no centro hospitalario, que actualmente conta con dúas unidades de hospitalización, radioloxía e as consultas externas de dermatoloxía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.