Novo encontro cultural da Acampada contra a Pobreza no Auditorio da Parroquia Cristo da Victoria

Publicado por o día 25/10/2017 na sección de Galicia,Social,Vigo

Novo encontro cultural da Acampada contra a Pobreza no Auditorio da Parroquia Cristo da Victoria

Este venres 27, a Acampada contra a Pobreza organiza un novo encontro cultural. Esta vez será ás 20:00 no Auditorio da Parroquia Cristo da Victoria, en Coia.

Contarase con actuacións musicais, poesía e danza. O obxectivo do encontro cultural é que as reivindicacións da Acampada cheguen a máis xente e preparar os eventos da campaña #TomemosNovembro e ademais, pasalo ben!

Desde a Acampada contra a Pobreza animan a todos a ir ao encontro. “Agora que chega o inverno, o momento máis difícil para a xente que está na rúa, temos que loitar máis que nunca. Os nosos políticos deben actuar para impedir sufrimento e traxedias, é a súa responsabilidade. A nosa é facerlles ver que nos importa!”

Máis información na páxina de Facebook da Acampada contra a pobreza Vigo.