Novo episodio de violencia machista na Salgueira

Publicado por o día 26/07/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Novo episodio de violencia machista na Salgueira
O pasado mércores, ás 04:05 horas, o 092 recibiu unha chamada na sua sala de comunicacions, a chamada por un posibel episodio de violencia de machista na zona da Salgueria.
 
A Unidade Policial trasladouse ao lugar sendo informada pola solicitante do servizo que, atopábase coa súa compañeira de piso cando apareceu o noivo desta e levoulla á forza a unha habitación, comezando a escoitar unha forte discusión e golpes, solicitando a outra novo auxilio, procedendo a realizar a chamada a Policía Local.
 
A suposta agredida que resultou ser M.G, de 28 anos de idade manifestou á unidade que quería que o seu noivo se fora do piso e que ese foi o motivo da discusión. No transcurso desas manifestacións os axentes observaron que presentaba varios negróns e un arañazo na parte baixa do ollo dereito, indicando ao ser preguntada por é as lesións, que llos produciu o seu noivo de forma accidental.
 
Os axentes informaron a moza que pasos debía seguir para denunciar os feitos e procederon á detención do seu noivo pola comisión dun delito de violencia de xénero, resultando ser D.J.P.G, nado e domiciliado en Vigo de 28 anos de idade.