Outro ano máis desde a UFP volvemos a poñer en marcha a operación Potito que xa se volveu un clásico, que nos enorgullece dicir que ten gran aceptación tanto entre os Policías, como entre os moitos cidadáns anónimos que colaboran coa mesma. Este ano reunimos máis de 80 caixas de xoguetes, comida e Roupa. O recolleito foi entregado esta mañá á Asociación Vida Digna, que se pasou a recollelo á Comisaría de López Mora en Vigo.
Unha vez máis queremos dar as grazas a todos os cidadáns e Policías que participaron na campaña.
Noticias de última hora en Vigo