Novo horario de verán no Museo do Mar e no Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz

Publicado por o día 24/06/2019 na sección de A Guarda,Galicia

Novo horario de verán no Museo do Mar e no Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz

O Concello da Guarda informa da modificación dos horarios do Museo do Mar e do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, que pasan xa ao horario de verán ata o 15 setembro.

O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede de Museos Municipal, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

Museo do Mar

O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.

Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.

Centro de Interpretación

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.

Tasas de acceso:

  • 1 € adulto
  • 0,50 € menores de 14 anos
  • Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).