Un novo incendio forestal fai estragos no municipio ourensán de Maside, parroquia de Garabás

Segundo novas estimacións afecta unha superficie de 38 hectáreas
Publicado por o día 10/08/2017 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Ourense,Sucesos

Un novo incendio forestal fai estragos no municipio ourensán de Maside, parroquia de Garabás

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo rexistrado no concello ourensán de Maside, parroquia de Garabás.

Este incendio comezou ás 13,26 h. deste mediodía e segundo novas estimacións afecta unha superficie de 38 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 4 axentes, 20 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 4 avións, dito lume e visibel en todo O Carballiño.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.