Novo pau a Abel Caballero, a obra de Gran Vía

Informe desfavorable da Xunta ás ramplas de Gran Vía
Publicado por o día 10/05/2018 na sección de Galicia,Vigo

Novo pau a Abel Caballero, a obra de Gran Vía

O Concello de Vigo non poderá iniciar este mes como tiña previsto a construción das ramplas de Gran Vía, o proxecto estrela do mandato ao anunciarse hai uns días o adiamento da reforma de Porta do Sol. A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta acaba de emitir un informe desfavorable ao proxecto presentado polo goberno vigués para transformar o actual bulevar e orzado en 9 millóns de euros. Este pau ao que Vigo poderá presentar alegacións durante os próximos 15 días.

Ignacio López-Chaves, “impide executar o proxecto tal e como se presentou” e esixe unha nova proposta compatible coa conservación do patrimonio urbano protexido nas inmediacións de Gran Vía, onde hai nove edificios catalogados. Desta forma, o goberno local terá que pospoñer o inicio de obras e adaptar arquitectónicamente o deseño.