Un novo peche de camas nos hospitais de Vigo este verán e a reducción da contratación de persoal

Un novo peche de camas que contriuirá ao crecemento das listas de espera e á mingua de contratación de persoal, que está a afectar especialmente á categoría de celador.
Por o 03/05/2017 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo
Un novo peche de camas nos hospitais de Vigo este verán e a reducción da contratación de persoal

A Xerencia de Vigo comunicoulle á Xunta de Persoal os seus plans de levar a cabo un novo peche de arredor de 200 camas este verán nos hospitais de Vigo. Como xa sucedeu en anteriores ocasións, este peche contribuirá ao incremento das listas de espera na área, que xa ten as maiores de Galicia.

Por outra banda, este peche vai supor unha mingua na contratación de persoal. Esta mingua nas contratacións, que se ven dando con máis intensidade dende o mes de decembro, está a afectar especialmente á categoría de celador, que se viu reducida nunha media de 200 contratos ao mes con respecto ao ano pasado. A isto se engade o abuso da contratación por días soltos en moitos casos que correspondería facer contratos de máis duración.

CCOO esixe a apertura de tódalas camas pechadas, a posta en marcha du plan de choque para reducir as listas de espera, e unha política de contratación acorde coas dimensións e as necesidades de persoal da área de Vigo.