O novo plan de xestión de acceso vehiculos ao Hospital Álvaro Cunqueiro fracasa

Hoxe tivo o seu primeiro día non tivo ningún efecto positivo, fracasou, xenerou máis confusións e máis colas
Publicado por o día 08/02/2017 na sección de Sanidad,Sindicatos,Vigo

O novo plan de xestión de acceso vehiculos ao Hospital Álvaro Cunqueiro fracasa
O novo plan de xestión de acceso a vehiculos ao Hospital Álvaro Cunqueiro anunciado para solucionar as colas cara o aparcadoiro que hoxe tivo o seu primeiro día non tivo ningún efecto positivo, fracasou, xenerou máis confusións e máis colas. Incluso persoal que ten outros horarios, tamén estiveron retenidos a escasos metros da barreira durante un gran tempo considerable.
 
Desde o sindicato CCOO, insisten unha vez mais que non hai outra solución que permitir que os traballadores/as dispoñan das prazas vacías que hai para usuarios. As medidas propagandísticas neste e noutos casos, so xeneran crispación e retrasos ao acceso do persoal para desmovolver a sua xornada laboral.
 
Un aparcadorio que estaba previsto fora gratuito para usuarios e traballadores, convírtese nun negocio para a concesionaria do Hospital. Neste contexto hai que entender que o problema non esté arranxado, cando levan máis de ano e medio desde a inauguración do complexo hospitalario. Para a xerencia e a consellería parece que a solución e deixar no coche no aparcadoiro de usuarios pagando a tarxeta correspondente, engaden desde CCOO.