Novo récord do Arealonga FS Chapela

Publicado por o día 13/01/2020 na sección de Galicia,Redondela

Novo récord do Arealonga FS Chapela

Décimo terceira xornada da liga caracterizada pola boa racha de vitorias consecutivas e cun só empate no sétimo partido. Os nosos “homes de negro” conseguiron os 16 puntos neste último fin de semana que os manteñen no máis alto da táboa da Liga Primeira Galicia Sénior e co obxectivo e o desexo de volver a disputar en Liga Autonómica para a vindeira tempada.

Rematando a primeira volta, comezarán a segunda o fin de semana do 25 de xaneiro enfrontándose a rivais xa coñecidos onde intentarán seguir no posto que lles permitirá por un lado dar o salto e por outro facer historia.

O club, quere felicitar a todo o equipo pola súa unión, sacrificio e competitividade en especial a Xaime e a Nelson que acadaron nesta primeira fase, os dous primeiros postos como os xogadores que máis goles marcaron.

“Yo que soy el míster me siento muy orgulloso de todos, la actitud de ellos fue buena y no tengo dudas de que ese es el camino a seguir”, afirma.

Comentar noticia

Your email address will not be published.