Novo revés xudicial para o alcalde de Vigo

A Xustiza avala o cofinanciamento dos centros de día en Vigo
Publicado por o día 18/02/2020 na sección de Galicia,Vigo

Novo revés xudicial para o alcalde de Vigo

Novo revés xudicial para o alcalde de Vigo. Procede da sala segunda do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. Desestimou o recurso presentado a principios deste mes polo executivo de Abel Caballero en contra da resolución do 18 de xaneiro de 2018 do Consello Galego de Servizos de Igualdade e Benestar Social pola que se desestimou o requirimento de revogación das liquidacións do primeiro trimestre de 2017 dos centros de día de Teis, Coia e Valadares, que ascende a 171.250 euros, destes 35.000 correspóndense co primeiro; outros 86.250 co segundo e 50.000 co último.

Parca foi onte a reacción do goberno vigués #ante o rexeitamento das teses do rexedor socialista, Abel Caballero, sobre que os concellos asumen competencias impropias, como a de parte do financiamento dos centros de día, polo que o gasto debe ser exclusivo da Xunta de Galicia. Fuentes municipais, nunha interpretación política da decisión xudicial, indicaron onte que “é outro abuso de poder do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, contra a cidade de Vigo”, Insisten en que “segue querendo que Vigo pague o que ten que pagar a Xunta”.

A ese respecto, mantiña que a obrigación de pagar esas liquidacións podería vulnerar a Constitución así como a garantía de autonomía local, posto que os servizos sociais son competencia exclusiva da Comunidade Autónoma.

Neste escenario, o vicepresidente da administración autonómica, Alfonso Rueda, expresou onte na visita ás novas instalacións da asociación veciñal de Navia, o “respecto” ás decisións xudiciais “sexan a favor ou en contra da Xunta”. Incidiu en que non se escoitou a membros do executivo galego “criticar a un xuíz ou a unha sentenza porque o seu pronunciamento xudicial non nos favoreza”. A partir desta argumentación expresou o seu desexo de que “renda” o exemplo de respecto á xustiza, xa que incidiu en que cando esta non é favorable non hai por que descualificala nin silenciar o fallo”.

Rueda remarcou que a sentenza sobre os centros sociais conclúe cos argumentos da administración galega “desde o principio, que todas as administracións deben colaborar para servizos fundamentais e o que ten que ver co Consorcio de Servizos Sociais o son e queremos poder estendelos, que cheguen a máis persoas e para iso é necesario a colaboración de todas as administracións”. Insistiu en que todas “están obrigadas a colaborar “con cargo aos seus recursos e dentro das súas posibilidades, que é o que pediu sempre a Xunta e o que negaba o alcalde de Vigo” e corroborouno unha sentenza. Apostilou que a decisión xudicial é “dunha boa noticia para as persoas que van ver que os servizos sociais, grazas a que todos colaboramos, poden chegar a moitos máis “beneficiarios.

COMPETENCIAS LOCAIS

Na súa sentenza, o TSXG alude a “reiterados pronunciamentos do Tribunal Constitucional”, e conclúe que as competencias municipais esn este campo non están fixadas pola literalidad da lei 27/2013 (que modificou a Lei de Bases de Réxime Local), senón pola normativa sectorial que aplica cada administración rexional.

Nese sentido, sinala que, aínda que a Xunta ten a competencia exclusiva en materia de servizos sociais, a lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia apunta que os concellos teñen responsabilidade na creación, xestión e mantemento dos servizos sociais comunitarios e dos específicos.

Por tanto, conclúe que as liquidacións reclamadas polo Consorcio ao Concello de Vigo “non incorren en causa de nulidade”, xa que “se trata de asumir o financiamento duns servizos atribuídos pola lexislación autonómica aos entes locais e para cuxa prestación se optou por fórmulas de cooperación”.