Novo veto do PP para incrementar os recursos contra a violencia machista que reclama o BNG

Noa Presas: “Que pasaría sen en lugar de ser mulleres anónimas as asasinadas fosen [email protected] ou futbolistas?”
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de BNG,Política

Novo veto do PP para incrementar os recursos contra a violencia machista que reclama o BNG

O BNG denuncia o novo veto do PP a súa proposta de destinar cando menos o 1% dos orzamentos da Xunta, -arredor de 100 millóns de euros-, a loitar contra a violencia machista, o que significaría multiplicar por vinte os recursos actuais, unha negativa que para a portavoz parlamentaria de Igualdade, Noa Presas, e aínda máis inexplicable “nunha semana negra con 9 mulleres e dúas nenas asasinadas”.

A deputada lamentou que esta sucesión de crimes non provoque unha reacción contundente por parte dos poderes públicos, “que pasaría sen en lugar de ser mulleres anónimas as asasinadas fosen [email protected] ou futbolistas? Seguro que cando menos terían acaparado algunha portada nos medios de comunicación”, salientou. Este setembro negro coincide co aniversario do pacto de Estado contra a violencia, que consumiu o seu primeiro ano en vigor sen orzamentos sobre a mesa e sen un só cambio lexislativo iniciado.

“As violencias machistas contra as mulleres debe comprometer ás institucións a destinar maiores recursos económicos, humanos e materiais”, recalcou Presas, “reducir a fortaleza do patriarcado e superar todas as manifestacións de desigualdade e violencia que sofren as mulleres debe ser un obxectivo político de primeira orde”, reclamou.

A proposta do Bloque rexeitada polo PP tamén incluía prestar asistencia psicolóxica ás vítima na sanidade pública en atención primaria, tal e como recoller a  Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, así como o dereito de gratuidade e tamén o dereito á asistencia para @s  menores e outras persoas que sufriran violencia machista.

Na actualidade, a Xunta de Galiza desenvolve o Programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero a través dun convenio de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza.

“A través desta fórmula ponse a disposición unha rede de profesionais da psicoloxía que sen dúbida realizan un traballo importantísimo, pero iso non é ter un servizo de atención primaria. Cómpren máis recursos para incorporala a este ámbito, para as vítimas directas e o seu entorno”, demandou a deputada.

O BNG considera que tamén é necesario adoptar medidas tanto no ámbito xudicial como no educativo para mellorar a eficacia na detención e na loita contra a violencia machista.