Novos cursos de informática este outono na Aula Cemit da Guarda

Publicado por o día 19/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

Novos cursos de informática este outono na Aula Cemit da Guarda

A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades este outono, e ademais de xeito gratuíto.

As inscricións están abertas, sen límite de prazo, no Concello e no Centro Cultural(1º andar), o inicio dos cursos será o vindeiro 1 de outubro.

Durante os meses de outubro e novembro realizaranse diferentes cursos básicos para coñecer o manexo do ordenador, internet, navegador e e-mail, editor de texto Writer, smartphones e cursos para rapaces sobre edición de textos para traballos escolares.

Cursos de Outubro e Novembro

  • Manexo dun ordenador: Curso básico para persoas que non teñen experiencia en informática.
  • Internet, navegador e e-mail: Curso básico para os primeiros pasos navegando en internet, traballar co e-mail e levar a cabo xestións online (compras, DNI-e, rexistros, etc).
  • Editor de texto Writer: Crear e editar documentos.
  • Smartphones: Manexo e utilidades.
  • Curso para rapaces/as: Curso de edición de textos para elaborar traballos.

HORARIOS OUTONO 2018

Horario para os meses de Outubro e Novembro

Manexo do ordenador Luns e Venres 16:30 – 18:00
Internet Martes 16:30 – 18:00
Writer Sábados 10:30 – 12:00
Smartphone 30/10 – 27/11 16:30 – 18:00
[email protected] Xoves 16:30 – 18:00

Sobre a Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.

Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.