Novos nomeamentos en servizos asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

O Sergas nomea xefe de servizo de Análises Clínicas a Arturo Fernández Nogueira e xefe de sección da Unidade de Coloproctoloxía a Enrique Moncada
Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Novos nomeamentos en servizos asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os nomeamentos de cinco novos postos noutros tantos servizos asistenciais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

Trátase do xefe de servizo de Análises Clínicas, Arturo Fernández Nogueira; do xefe de sección da Unidade de Coloproctoloxía, Enrique Moncada; e das supervisoras da Unidade de Esterilización, María Martínez; de Hospitalización de Uroloxía-ORL, Úrsula Méndez; e de Medicina Interna-Pluripatoloxías, Antonio Rodríguez Pena.

Servizo de Análises Clínicas

O doutor Arturo Fernández Nogueira asume a xefatura de servizo de Análises Clínicas da Área Sanitaria viguesa. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou a especialidade de Análises Clínicas no hospital A Paz de Madrid.

Leva 30 anos traballando no hospital do Meixoeiro, asumindo a dirección do Laboratorio, primeiro como xefe de sección e máis tarde como xefe de servizo. Como responsable de Análises Clínicas do Meixoeiro participou de forma moi activa, tras a reordenación da área Sanitaria de Vigo en 2015, na consecución do laboratorio central Core, situado en instalacións dese hospital.

O servizo de Análises Clínicas conta con 26 facultativos especialistas, 3 residentes, 70 técnicos de laboratorio e 8 auxiliares administrativos. Entre os seus obxectivos, o doutor Fernández Nogueira destaca “a mellora nos tempos de resposta das analíticas que se solicitan nos servizos máis urxentes, como o Hospital de Día ou o servizo de Urxencias”.

Unidade de Coloproctoloxía

O cirurxián Enrique Moncada é o novo xefe de sección da Unidade de Coloproctoloxía do CHUVI, que pertence ao servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo.

O doutor Moncada realizou os seus estudos de Medicina en Zaragoza e a especialidade en en cirurxía no Hospital Clínico da capital aragonesa. Especialista en cirurxía laparoscópica, leva traballando no CHUVI desde o ano 2006.

A Unidade de Coloproctoloxía do CHUVI ocúpase, entre outras patoloxías, do tratamento cirúrxico do cancro colorrectal, que ten unha elevada prevaleza na área sanitaria de Vigo. De feito, a Unidade realizou no último ano 350 operacións desde tipo.

Dispón de 11 cirurxiáns nestes momentos e está acreditada como “avanzada” pola Sociedade Española de Coloproctoloxía, o que supón os máximos estándares de calidade asistencial.

“O reto que temos por diante é a excelencia na Unidade. Contamos cun equipo novo e moi ben formado, o que supón unha garantía para a poboación da nosa área de que vai recibir unha atención de primeiro nivel”, explica o doutor Enrique Moncada.

A Coloproctoloxía é o area da de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo que se dedica ao tratamento cirúrxico das enfermidades do Colon, Recto e Ano.

Supervisión de enfermaría

O DOG publica tamén hoxe o nomeamento de dúas supervisoras e un supervisor de enfermería doutras tantas unidades do CHUVI.

María Martínez é a supervisora da Unidade de Esterilización, situada no Hospital do Meixoeiro. Ten 9 anos de experiencia no Sergas. Durante 8 anos foi enfermeira de quirófano e neste último traballou xa na Unidade de Esterilización.

Úrsula Méndez é a supervisora de Hospitalización de Uroloxía-Otorrinolanigoloxía. Traballou no Hospital do Meixoeiro nos servizos de Cirurxía Cardíaca e Cardioloxía, ata a apertura do Álvaro Cunqueiro.

Pola súa banda, Antonio Rodríguez Pena é o supervisor de Medicina Interna-Pluripatoloxías, no Hospital do Meixoeiro. Leva ligado ao servizo durante a súa carreira no Sergas, primeiro no Nicolás Peña e, posteriormente, no Hospital do Meixoeiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.