Nun control a Policía local de Vigo atopouse a un fuxitivo que tiña en vigor unha búsqueda e detención

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Nun control a Policía local de Vigo atopouse a un fuxitivo que tiña en vigor unha búsqueda e detención

O pasado sábado ás 09:30 horas, unha patrulla da Policía Local de Vigo atopábase realizando labores de control e vixilancia da seguridade cidadá na zona de Cabral.

Realizando o labor indicado, observaron un grupo de mozos que estaban a consumir alcol na vía pública e xerando molestias aos veciños cos seus berros e actividade.

Ao obxecto de reconducir esta conduta e restablecer a normal convivencia na zona, os axentes procederon á identificación dos compoñentes do grupo.

Entre estes atopábase R. G. G, de Vigo e 19 anos de idade, mediante cotexo de datos telemáticos do citado, comprobouse que tiña en vigor unha Procura Detención e Comparecencia do Xulgado de Menores nº 2 de Bilbao pola comisión dun ilícito penal, por este motivo, os Axentes procederon á súa Inmediata Detención.