Nuñez Feijóo prepárase para partir

Publicado por o día 30/05/2015 na sección de Opinión,Opinión por Rubens Rocha

Nuñez Feijóo prepárase para partir

 

Franco tivo un herdeiro e ese era Manuel Fraga e Fraga tivo un herdeiro e ese é Alberto Nuñez Feijóo… Non se consola quen non quere, cada un dos mencionados dixeron moitas barbaridades por só o mero feito de que teñen o poder, o cal agora o ultimo, Nuñez Feijóo ve ameazado porque a nación galega quere un cambio, hai que recordar que este suxeito ten as mans manchadas de sangue, ocultou e fixo todo o posible para que o accidente de Angrois non se investigase tal como haria Paco.

Alberto Núñez Feijóo pénsase que os galegos somos parvos, cousa que a real academia española da lingua sacou da sua definicion como parvo o de galego, o ultimo que dixo sobre as razóns da perda de votos dos conservadores galegos ao asegurar que, entre outras, a morte de 100.000 galegos nos últimos catro anos levou o PPdeG a un dos seus peores resultados en democracia, ao perder 190.000 apoios.

Como ben sabemos os galegos o PPdeG é experto en enganar aos nosos maiores ata o punto de sacalos de residencias cun voto nas mans sen ser conscientes, iso fala dos baixos escrúpulos que ten a devandita formación política.

Por outra banda os mozos que votaron por primeira vez nestas pasadas eleccións municipais teñen claro que é a hora do cambio, cambio que empezou por aquel entón cando AGE fixo a súa aparición nas autonómicas e logo a aparición de Podemos nas europeas, senón conforme con estas novas irrupcións no panorama galego Feijoo tería que ter en conta que no pasado ano grazas ás súas políticas 100.000 mozos e mozas deixaron Galiza, isto mostra claramente que os galegos están a espertar dese sono falso e se suman a mudar todo.

O cambio en Galiza é xa unha realidade, o exemplo están nas alcaldías do PP tan emblemáticas como as da Coruña coa incorrupción da Marea Atlántica, Santiago de Compostela grazas a Compostela Aberta ou Ferrol con Ferrol en Común, así como as deputacións de Pontevedra ou Ourense.

Núñez Feijóo di que pediu ao PP a “renovación de equipos, políticas e actitudes” cousa que xa é demasiado tarde, a política actualmente as fan os cidadáns non os despachos ou dedos, tes as horas contadas na Xunta de Galiza, Galiza esta pedindo a berros un cambio radical.

Opinión de Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Una respuesta para "Nuñez Feijóo prepárase para partir"