O 061 de Galicia asistiu a 10 persoas por 10 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 8 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 10 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 17 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 11/05/2020 na sección de Sucesos

O 061 de Galicia asistiu a 10 persoas por 10 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 10 persoas debido a 10 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 8 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 10 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con seis sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 10 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 10 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 10 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62,5% e do 37,5% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 25 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña rexistrou catro accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

4
Lugo
3
Ourense
0
Pontevedra
3
Galicia
10

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 13. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado asistiu en dous accidentes de tráfico, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en nove sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.

En oito casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en dous ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.