O 061 de Galicia asistiu a 23 persoas por 19 accidentes de circulación durante a ponte do 1 de maio

Desde as 15,00 horas do xoves, 30 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 3 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 19 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Galicia,Sanidad,Sucesos

O 061 de Galicia asistiu a 23 persoas por 19 accidentes de circulación durante a ponte do 1 de maio

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a ponte do 1 de maio a 23 persoas debido a 19 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do xoves, 30 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 3 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con sete sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 19 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 19 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 23 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 91% e do 9% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 26% dos atendidos tiña entre 20 e 29 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 12 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

12
Lugo
2
Ourense
1
Pontevedra
4
Galicia
19

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 22. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon nun accidente, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 17 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 15 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.