O 061 de Galicia asistiu a 44 persoas por 35 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 2 de novembro ata as 23:59 horas do domingo 4 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 51 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 05/11/2018 na sección de Galicia,Sucesos

O 061 de Galicia asistiu a 44 persoas por 35 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 44 persoas debido a 35 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 2 de novembro ata as 23:59 horas do domingo, 4 de novembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 18 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 51 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 35 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 44 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64 % e do 36 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39 % dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias, A Coruña e Lugo foron as que rexistraron máis accidentes con 11 sinistros de tráfico ambas as dúas durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

11
Lugo
11
Ourense
3
Pontevedra
10
Galicia
35

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 44. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 38 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 38 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.