O 061 de Galicia asistiu a 45 persoas por 41 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 7 de decembro ata as 23:59 horas do domingo 9 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 49 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 10/12/2018 na sección de Sanidad,Sucesos

O 061 de Galicia asistiu a 45 persoas por 41 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 45 persoas debido a 41 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 7 de decembro ata as 23:59 horas do domingo, 9 de decembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o venres con 16 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 49 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 41 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 45 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 % e do 42 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 44 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

25
Lugo
0
Ourense
6
Pontevedra
10
Galicia
41

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 59. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en catro accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 46 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 40 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.