O 061 de Galicia asistiu a 50 persoas por 39 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 25 de xaneiro ata as 23:59 horas do domingo 27 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 49 chamadas por accidentes de tráfico
Por o 28/01/2019 | Sección: Sucesos
O 061 de Galicia asistiu a 50 persoas por 39 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 50 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 25 de xaneiro ata as 23:59 horas do domingo, 27 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 19 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 49 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 39 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 50 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60 % e do 40 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 16 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
14
Lugo
5
Ourense
4
Pontevedra
16
Galicia
39

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 46. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 39 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 41 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.