O 061 de Galicia asistiu a 60 persoas por 48 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 13 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 14/12/2020 na sección de Galicia,Sucesos

O 061 de Galicia asistiu a 60 persoas por 48 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 60 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 11 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 13 de decembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 17 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 60 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34% dos atendidos tiña entre 25 e 39 anos.

Por provincias, A Coruña rexistrou 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
21
Lugo
3
Ourense
5
Pontevedra
19
Galicia
48

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 61. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 44 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en tres ocasións.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.