O 061 de Galicia asistiu a 65 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 5 de outubro ata as 23:59 horas do domingo 7 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 49 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 08/10/2018 na sección de Sucesos

O 061 de Galicia asistiu a 65 persoas por 45 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 65 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 5 de outubro ata as 23:59 horas do domingo, 7 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 26 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 49 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 65 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 69 % e do 31 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 45 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 17 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

17
Lugo
4
Ourense
8
Pontevedra
16
Galicia
45

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en dous sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en catro ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 62 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 56 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.