O 061 de Galicia asistiu a 71 persoas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 4 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 6 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 61 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 07/09/2020 na sección de Galicia,Sucesos

O 061 de Galicia asistiu a 71 persoas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 71 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 4 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 6 de setembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 21 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 71 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65% e do 35% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra rexistrou 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia Accidentes
A Coruña 16
Lugo 3
Ourense 10
Pontevedra 23
Galicia 42

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 69. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en catro accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 54 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes.

En 55 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.