O 061 de Galicia asistiu a 72 persoas por 54 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15:00 horas do venres 21 de setembro ata as 23:59 horas do domingo 23 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 68 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 24/09/2018 na sección de Sucesos

O 061 de Galicia asistiu a 72 persoas por 54 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 72 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 21 de setembro ata as 23:59 horas do domingo, 23 de setembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 23 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 72 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61 % e do 39 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 22 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

14
Lugo
14
Ourense
4
Pontevedra
22
Galicia
54

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 89. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en tres sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 72 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 12 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas resultaron falecidas no punto.