O 061 de Galicia asistiu a 77 persoas por 57 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 13 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 67 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 77 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 11 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 14 de setembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 25 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 67 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 57 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 77 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 68% e do 32% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 42% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra rexistrou 22 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes

A Coruña

14
Lugo
13
Ourense
8
Pontevedra
22
Galicia
57

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 78. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 63 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario