O 061 de Galicia asistiu a 80 persoas por 59 accidentes de circulación durante a ponte dos Reis Magos

Desde as 15,00 horas do venres, 3 de xaneiro, ata as 23,59 horas do luns, 6 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 07/01/2020 na sección de Sucesos

O 061 de Galicia asistiu a 80 persoas por 59 accidentes de circulación durante a ponte dos Reis Magos

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a ponte dos Reis Magos 80 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 3 de xaneiro, ata as 23,59 horas do luns, 6 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 22 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63% e do 37% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 37% dos atendidos tiña entre os 40 e os 54 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
27
Lugo
7
Ourense
4
Pontevedra
21
Galicia
59

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 63 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro de circulación.

En 74 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron non lugar do sinistro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.