O 061 de Galicia envía o anuncio de información previa para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre

Farase público no prazo máximo de cinco días
Por o 31/01/2019 | Sección: Sanidad
O 061 de Galicia envía o anuncio de información previa para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou hoxe o anuncio de información previa para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre ao Diario Oficial da Unión Europea segundo establece a Lei de Contratos do Sector Público. Este anuncio farase público no prazo máximo de cinco días.

O obxecto do contrato é a prestación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre na Comunidade Autónoma de Galicia mediante ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado e ambulancias asistenciais de soporte vital básico.

Este anuncio adianta o procedemento para a contratación deste servizo que ten como data límite prevista de adxudicación o mes de outubro deste ano. O contrato atópase dividido en catorce lotes que corresponden ás catorce áreas de transporte sanitario urxente nas que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten distribuído o territorio galego para garantir a prestación da asistencia sanitaria urxente a toda a poboación galega.

Actualmente, o servizo de transporte sanitario urxente terrestre en Galicia estase a realizar polas empresas adxudicatarias do procedemento de contratación que tivo lugar no ano 2015 que establece a prestación do servizo ao longo de catro anos, prorrogables por dous máis.

Comentar noticia

Your email address will not be published.